Domingo 21.04.2019

21 empresas optaban as obras de remodelación da Avd. de Madrid

Hoxe, luns 18 de febreiro,  abríronse as plicas coa proposta económica e técnica

Cun prezo de licitación máximo de 235.550 € /S/IVE e un prazo de execución de tres meses abríronse os" sobres de licitación", na mesa pública para adxudicación da maior obra licitada polo concello nesta lexislatura. Á apertura asistiron algúns dos representantes das empresas que participaron no concurso público de adxudicación.

Media hora antes a mesa de contratación abriu en sesión privada os sobres coa documentación administrativa  (Sobre A).

PRAZO PARA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA APROXIMADO DE TRES SEMANAS

Unha vez rematada a apertura e revisada a documentación administrativa, os membros da mesa puntuarán as propostas de todas as empresas participantes en un prazo aproximado de tres semanas farán a proposta definitiva da empresa que executará a obra, para a cal terá un prazo de execución de tres meses.

PRAZOS MOI DISPARES

IMG_20190218_110142Dende unha das empresas que optan a quedarse co contrato, que di que fai as obras completas de remodelación en 25 días ata a que mais tarda que o fará en dous meses mais 29 días. (O prazo dos pregos é de tres meses)

Tamén na oferta económica hai bastantes diferenzas. A que máis baixo presupostou, presentou un orzamento para quedarse coa obra de 155.476,78 €/ sen IVE. Precisamente esta empresa, quedou fora provisionalmente, posto que polas licitacións das outras empresas, despois de aplicarlle os coeficientes dos pregos, considérase baixa temeraria. A mesa de contratación dálle 5 días para que xustifique a baixa.

Catro foron as empresas que quedaron fora, polo contrario, presupostar por enriba.

Con respecto a o prazo de garantía, tódalas empresas participantes coincidiron en ofertar o ano que marcan os pregos máis 20 meses.

Despois dese prazo de 5 días a mesa elaborará  as puntuacións das empresas restantes e fará a proposta de adxudicación definitiva.