Dende a Limia
03:56 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

822 alumnos e alumnas de infantil e primaria comezarán o curso 17/18

| 10 de Septiembre de 2017 (17:23 h.)

Os centros Carlos Casares e Rosalía de Castro abrirán  as súas portas o luns día 11 para comezar o curso 2017/18 no que dos 822 alumnos e alumnas  173  comezan a súa etapa estudantil con tan solo 3 anos.

Obras e dirección no Carlos Casares

Este curso a Consellería fixo obras de mantemento e pequenas reformas  na cociña, novos despachos  nova aula de convivencia e mobiliario en aulas e despachos. Tamén o centro renovou a dirección que este ano rexenta Milagros Lozano (Mila), que asumiu  o pórse ao fronte do centro despois do traslado da anterior compañeira .  Aínda que este ano asumiu a dirección, xa coñece tanto o centro na súa faceta administrativa, pois xa era xefa de estudos, pero tamén a alumnos e país, pois leva no centro xa 10 anos.

O Rosalía de Castro tamén tivo algunha que outra reforma  e acondicionamento , os baños do pavillón así como a ampliación de dúas aulas,  neste caso con presuposto do propio centro.

Proxecto robótica

Ademais de Centro Abalar, este curso teñen a intención de solicitar  un proxecto de robótica e a implantación do Francés, como segundo idioma en 6º curso, comenta o seu director J. Manuel, que segue ao fronte do centro.

Outro dos proxectos que teñen en carteira é a pintura dos muros do pavillón, conxuntamente cos país e alumnado.