Sábado 16.02.2019
Entroido 2018

A dous días do "petardazo"

3... 2... 1... 0.

Imaxe do petardazo do pasado ano 2017.
Imaxe do petardazo do pasado ano 2017.

A noite deste sábado para o domingo Xinzo de Limia voltará vivir o xa tradicional "petardazo" que da comezo ao entroido máis longo do mundo –e o mellor, folga dicilo–.

Ás 00:00 horas, tralo petardazo, dará comezo a festa na Praza Carlos Casares coa música dos grupos Xituma Batuke e a Charanga XL.

A música e a festa non rematarán ata as 3:00 horas da mañá, momento no que haberá que coller forzas para o "domingo fareleiro".