Dende a Limia
05:56 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

A OPOSICIÓN ABSTENSE AS MOCIÓNS DO PP

| 17 de Junio de 2018 (20:49 h.)

O pasado venres día 15  celebrouse o pleno ordinario do Concello de Xinzo de Limia, no cal se trataron varios puntos, algunhos dos cales xa nos adiantara o alcalde na súa rolda de prensa habitual

O Grupo Popular presentou varias mocións, entre as que se encontraban instar a Xunta para que revisasen as bases para a concesión de subvencións e contratacións de persoas novas. Isto refírese á apoiar o colectivo LIMISI, co obxectivo de mellorar o seu acceso a subvencións e contratación de persoal. O alcalde pronunciouse decindo que a súa labor na comarca é inmesurable. Tamén trouxeron a moción para a modificación de crédito para dar máis presuposto as concellerías de Deportes e Cultura, a cal foi aprobada só cos votos do PP.

Respecto as outras dúas mocións que trouxo o Grupo Popular, primeiro a cesión de competencias a tráfico por insuficiencias de medios municipais foi aprobada coa abstención dos grupos municipais do PSOE, de Xinzo Adiante e do BNG, argüíndo que o concello debería facerse cargo de que as competencias as cumpra a policía local e que esta medida non é máis que “un parche”. Os tres grupos da oposición coincidiron en sinalar que Xinzo encóntrase por debaixo do número de policías que establece a Xunta para un concello das nosas características, pois o límite son 18 e contamos con 11, a falta de dúas incorporacións e unha xubilación.

A outra moción que trouxo o Grupo Popular pasaba pola cesión de viarias de titularidade municipal á Deputación Provincial de Ourense. Esta proposta aprobouse coa abstención do BNG e o PSOE e o voto en conta de Xinzo Adiante, que argúen que a Deputación non é o mellor remedio para o arreglo e mantemento das vías. Como xa anunciamos, estas vías son as que unen os pobos de Mosteiro de Ribeira, A Gorgoloza, Cima de RIbeira e Soutelo de Ribeira, e o vial que vai dende O Cabreiro a Gudín. 

O Grupo Socialista, pola súa banda, tocou o tema da ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia, o que o alcalde Manuel López Casas anunciou unha reunión co grupo Xestur para maña luns. Tamén trouxeron unha moción para adaptar os espazos públicos de Xinzo á Lei de accesibilidade de Galicia, a cal se aprobou por unanimidade.