Dende a Limia
18:00 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

ABANCA únese á protección da Pataca de Galicia

O. Ferreiro | 17 de Octubre de 2017 (22:02 h.)
Imaxe dunha finca de aptacas da Limia.
Imaxe dunha finca de aptacas da Limia.

A principal entidade financeira do país, ABANCA, asinara mañá mércores en Xinzo, un convenio de colaboración co Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

A sinatura pública do documento terá lugar mañá mércores, 18 de outubro, na sede limiá do Consello Regulador da IXP –en Xinzo de Limia–. Tralo acordo con Eroski e os supermercados do grupo, chega un novo convenio para potenciar o recoñecemento, distribución, promoción e consumo da pataca galega, especialmente a da Limia.