domingo 22.09.2019
NOVO SINISTRO NAS ESTRADAS DA LIMIA ESTE VERÁN

Accidente de tráfico en Xinzo

Segundo declaracións do seu pai, puido ser por quedarse dormido.

Ocorrido ás 07:50 horas, no quilómetro 196 da estrada N-525, saída cara a Verín , no termo municipal de Xinzo de Limia

Accidente de tráfico en Xinzo
Ás 07:50 horas, no Km 196 a saída de Xinzo dirección Madrid.

Por causas que están a ser investigadas polo equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, o turismo Opel Zafira, conducido por Anxo G. P. de 21 anos saíuse da vía pola marxe esquerda e chocou contra  a tajea. Como consecuencia do impacto o seu condutor quedou atrapado no seu interior, sendo necesaria a intervención dos bombeiros de Xinzo para realizar a súa extracción. Dáse a dramática circunstancia que o pai do mozo circulaba detrás del, noutro vehículo, e foi testemuña de como o coche do fillo íase da estrada e chocaba contra a antedita obra de canalización das augas pluviais ( tajea).

IMG-20190817-WA0003

O proxenitor fíxolle saber, aos servizos que atendían ao seu fillo [...] " _Que ían traballar e que posiblemente se durmiu ao volante."_ O mozo  foi trasladado ao CHUO e non se teme pola súa vida.

Para atender este sinistro, ademais dos bombeiros, interviñeron: Protección Civil de Xinzo. Policía local de Xinzo. Patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Xinzo. Un equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, que investiga as causas do sinistro. Unha patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín e un equipo de limpeza da vía.


Consellos da Garda Civil:  A somnolencia pódete matar. Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense lémbrase que nas estradas próximas ao lugares de residencia é onde máis posibilidades hai de ter un accidente, por tanto deberemos manter a mesma atención que cando realizamos grandes desprazamentos.

IMG-20190817-WA0002

IMG-20190817-WA0003