Dende a Limia
07:44 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

Achégase o día grande do Corpus

| 17 de Junio de 2017 (20:10 h.)

Sen tempo para botar unha cabezada e a pleno sol, comezaron os traballos para confeccionar as alfombras que lucirán mañá dia de Corpus en Xinzo.

A rúa Jesús C. Romero Nieto e entrada serán os únicos lugares en que haberá este ano as alfombras.  Na praza de Oriente, este ano non se farán as alfombras, aínda que nalgún medio de comunicación aparecese este lugar.

POUCO MAIS DUNHA DUCIA DE PERSOAS

alfombras corpus2

Estas son as persoas que este ano levarán a cabo a confección das dúas alfombras. Na da rúa Jesús C. participan pouco mais de media ducia, dos cales so dous son homes. Tamén destacar  que non participa toda a rúa se non, tan so uns veciños de tres ou catro vivendas.

“Isto non se fai so por devoción, isto é un arte”

Desta maneira se expresaba un dos artífices do deseño e a pintura da alfombra, na cal se van a empregar un cento de ducias de caraveis, moitos quilos de verde, que hai que preparar e moitos quilos de sal de cores. Os traballos comezaron pasadas as catro da tarde e rematarán pasadas as catro da mañá.

OUTRA MEDIA DUCIA NA ALFOMBRA DA IGREXA

Pouco mais de outra media ducia de persoas, son as que participan na confección da alfombra que adornará a entrada a igrexa nova.  Nesta o deseño e feito a dúo entre o párroco da vila D. Tomas, que non dubidou en desabotoar o “alzacuellos” e porse mans a obra, sendo o axudante da deseñadora.

Logo un grupo de ferigreses, serán os que a continuación se porán “mans a obra” para rematar o  deseño. Tamén esperan a rematar a altas horas da madrugada.