Dende a Limia
04:12 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

Agora toca desfacer e limpar

| 21 de Agosto de 2017 (20:25 h.)

Rematou o ESQUECEMENTO 2017 e agora ven o traballo mais pesado e menos gratificante. Despois de durmir pouco e troulear moito a tarde do luns faise moi “costa arriba”.

Todos, mozos e mozas afánanse en deixar expedito cada unha das súas casetas, así como de deixar limpo a parte do parque que lle tocou. Como dicimos a parte mais ingrata da festa. E todo hai que dicilo, estas tarefas non entenden de sexos.

382PRIMEIRAS IMPRESIÓNS

Como non podía ser doutra maneira, un dos que se atopaban nas labores de desfeita é o líder dos castrexos e de Civitas, que no mesmo campo facía as primeiras declaración no sentido de que sen dubida este ano foi o mais participativo dentro do campamento. Non houbo nin o mais mínimo problema e todo discorreu de maneira axeitada segundo o previsto.

Houbo moita mais xente participando como castrexos e romanos, e houbo mais xente nas rúas, aínda que si é verdade que nos actos do paso do río e na batalla houbo menos participación de espectadores. Puído ser que nos panfletos estivera mal explicado este acto. Haberá que revísalo para a próxima edición.