Martes 18.06.2019

A Agrupación Musical da Limia deu o seu concerto de Nadal

Nunha Igrexa Nova  chea de público con moitas gañas de escoitar música

IMG_0415
IMG_0415

O tradicional concerto que a Agrupación Musical da Limia fai por estas datas na Igrexa Nova fixo un percorrido por interpretacións que representan a lugares moi distintos da xeografía mundial e galega, para finalizar cunha marcha  de Angel Grande recuperada por Oscar López, que para a súa interpretación sustituiu ao director Tielas para levala a cabo.

IMG_0392

A tradición das bandas en Galicia ven dende finais do pasodobre 1700   onde actuaban nas festas  ata o día de hoxe. Na Limia eran as festas patronais e os Entroidos as datas nas que máis actividade tiñan. A Agrupación Musical da Limia, ten as súas raíces nas bandas de Para e Xinzo, as cales se lle quixo facer unha homenaxe coa recuperación desta peza (pasodoble)por parte de Óscar López ,  que de agora en adiante será a súa seña de identidade como agrupación musical.  

IMG_0397

Rematado o repertorio preparado para o concerto, o público posto en pe, solicitou continuar con novas interpretacións , cousa  que os membros da banda responderon coas   xa afamadas pezas finais habituais nos concertos de Nadal.

SORPRESA DA NOITE

IMG_0408A sorpresa da noite foi cando tocaba, nese percorrido polas músicas do mundo, a banda sonora da película ANASTASIA, que foi interpretada por María, filla do  director  da banda,  e que unha vez rematada a súa interpretación recibiu un sonoro aplauso de todos os presentes.

IMG_0411