lunes 21.10.2019

Ahora sí!

Comezaron as obras da avenida de Celanova

Ahora sí!

Despois de dous anos de papeleos, manifestacións e cambios de proxeto,por fin onte deron comezo as obras de remodelación da avenida de Celanova cuxo proxeto foi "adecuado parcialmente" a última hora polas preferencias dos veciños, unha vez que fora desgotado, a corta dos árbores que se asentan aos dous lados do vial.

O prazo de execución das mesmas, segundo responsabeis da empresa adxudicataria será de nove meses, aínda que iso poderase adiantar dependendo de como transcurran os traballos. Esta foi unha das obras prioritarias do goberno sainte xunto coa circunvalación, todo elo dentro dun convenio coa Xunta de Galicia de máis de un millón de euros.