Dende a Limia
03:52 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

O albergue de peregrinos de Xinzo abre as súas portas dous anos despois da súa inauguración

O. Ferreiro | 22 de Agosto de 2017 (21:41 h.)
Imaxe da fachada principal do Albergue de Peregrinos de Xinzo.
Imaxe da fachada principal do Albergue de Peregrinos de Xinzo.

Tras case dous anos dende a súa inauguración, o Albergue de Peregrinos de Xinzo de Limia abrirá por fin as súas portas. Fóra inaugurado o mesmo día que o Museo Galego do Entroido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijóo. Mais isto en ningún momento implicara, ao longo destes últimos dous anos, a súa posta en funcionamento. 

A directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, vénlle de comunicar ao alcalde que o albergue será posto en funcionamento mañá.

Malia que a espera foi longa, a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, vénlle de comunicar ao alcalde da capital da Limia, Antonio Pérez, que o albergue será posto en funcionamento mañá mércores, día 23 de agosto. A Xunta comprometérase co consistorio no seu momento a que, tan pronto como as obras estivesen rematadas, a administración local lle cedería as instalacións á Xunta e xa o organismo autonómico se encargaría de poñelas en marcha. Mais non foi así ata hoxe. E a razón reside no feito de que a empresa que se adicaba a xestionar a maioría dos albergues de peregrinos dependentes da Xunta, deixou defacelo trala rescisión do contrato por parte de San Caetano. Así e todo, dende Compostela non se deron moita présa en resolver a nova convocatoria pública aberta para a contratación dunha nova empresa de servizos para xestionar as instalacións. De feito, esta convocatoria xa fora aberta hai exactamente un ano. 

IMG_3440IMG_3439

Os peregrinos xa non terán que ser desviados aos complexos de Sandiás e de Vila de Rei.

Pero xa todo rematou. Os peregrinos xa non terán que ser desviados aos complexos de Sandiás e de Vila de Rei (Trasmiras). A variante do Camiño de Santiago que atravesa Xinzo, a Vía Nova, non é a máis demandada a Asociación de Amigos do Camiño de Allariz xa levaban tempo reclamando tamén que houbera un albergue en Xinzo para potenciar esta variante da Vía da Prata.

IMG_3442IMG_3438

O albergue consta de 15 prazas, cunha habitación para persoas con mobilidade reducida e precisaría dun mínimo de 2 persoas para atender correctamente a instalación e prestar ou servizo. Agora toca promocionar a vila para atraer peregrinos.