Dende a Limia
05:57 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

O ALBERGUE DE XINZO E A SÚA IMPORTANCIA NA VÍA DA PRATA

| 19 de Junio de 2018 (10:15 h.)

Nos dous últimos meses case un centenar de Peregrinos aloxáronse no Albergue de Xinzo de Limia, e hai previsión de que nos próximos meses se incremente esta ocupación. Isto fai pensar que o próximo ano Xacobeo, tanto este albergue como a Capital Limia serán un dos puntos de referencia da Vía da Prata.

O dato, ven a confirmar, segundo Carlos Gómez, Concelleiro de Turismo, a idoneidade e a xustificación do albergue de Xinzo.

A procedencia dos peregrinos é moi diversa, aínda que destaca a portuguesa que atrae a camiñantes do centro do país veciño, ccomo Lamego, Coimbra ou Lisboa. Pero non só se aloxaron peregrinos de paises veciños, senón tamén de Polonia, Francia, Alemania, Nova Zelanda, Irlanda, Estados Unidos, Filipinas, Italia, Holanda, Brasil e como non Españois.

O punto forte do albergue en respecto ó turismo, é que a hora de chegada dos peregrinos é sobre a última hora da maña, e efectúan a súa saída a primeira hora do día seguinte, o que supón que moitos paseen pola vila e fagan compras e coman en Xinzo.

Istes datos, tanto a ocupación do Albergue como a procedencia dos peregrinos, segundo Carlos Gómez, tennos que facer traballar a todos para que a Capital Limia aproveite a oportunidade que nos brinda o paso da ruta pola nosa vila, para mellorar a oferta hoteleira e comercial, facer máis atraciva a vila e promocionar os nosos recursos a través dos comentarios e foros nos que participan os viaxeiros.