Dende a Limia
01:40 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

O Alcalde recibiu a nova coordinadora de Civitas Limicorum

| 27 de Mayo de 2017 (19:45 h.)
3
3

Na tarde do venres a nova coordinadora da asociación Civitas Limicorum conformada por Iván Prado, Carlos Enriquez, Noelia Caseiro, Marcos Arjibay, Mercedes Rodríguez e Tania Conde reunironse con Antonio Perez alcalde de Xinzo e o concelleiro de Turismo Carlos Gomez pola ausencia de Luis Miguel Gil, o cual non puido asistir a esta primeira toma de contacto entre a recenetemente elexida coordinadora da asociación e organizadora da festa do Esquecemento 2017.

PROPOSTAS ECONÓMICAS E DE COLABORACIÓN  

A primeira das solicitudes da coordinadora, como sole ser habitual foi a de unha maior prestación económica por parte do Concello para a celebración da festa.

A resposta a priori por parte dos representantes do Concello foi, a do estudo de tres vías posibles. A primeira consistiría no pago de algunhas facturas, como se fai co entroido, directamente polas arcas municipais. Esta proposta ten que ser estudada pola intervención municipal. As dúas restantes serán as de solicitar axudas tanto a Deputación Provincial como a Secretaria Xeral de turismo da Xunta de Galicia.

Dende o propio Concello entenden que a festa do Esquecemento despois de 17 anos converteuse na segunda mais importante  despois do Entroido  e con mais afluencia de público a vila, polo que están dispostos a apoiar todos os esforzos que están levando a cabo ano tras ano as diferentes directivas, e por suposto esta nova coordinadora.

27 accións mais solicitadas

Ademais da solicitude de unha maior colaboración económica estudaron un listado de 27 accións colaborativas, que segundo os organizadores, son as mesmas doutros anos que o concello xa ven prestando por medio de membros das brigadas municipais, co cal entenden as dúas  partes que non haberá ningún problema.