Dende a Limia
16:06 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

O alcalde de Xinzo confésase culpable de confiar no secretario

O. Ferreiro | 07 de Octubre de 2017 (20:08 h.)
Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia.
Antonio Pérez, alcalde de Xinzo de Limia.

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, declarouse este venres culpable de "confiar" no asesoramento do seu secretario ao asinar os contratos polos que se lle xulga por un suposto delito de prevaricación, mentres que a Fiscalía reclamou unha "condena ejemplarizante" para "acabar coa idea" de que os rexedores poden "dicir a quen, como e por canto tempo" se contrata.

A fiscal foi contundente cando asegurou que era só o dedo de Pérez quen decidía a quen se contrataba.

Na quinta e última xornada do xuízo, Fiscalía e acusación popular reiteraron a súa petición de 10 anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por considerar a Antonio Pérez responsable de contratar presuntamente a varios traballadores sen concurso público desatendendo supostas advertencias de Secretaría e Intervención.

A fiscal foi contundente cando asegurou que "era só o dedo do acusado era o que sinalaba a quen se contrataba". Segundo ela, o rexedor adoitaba apuntar cara a persoas "con militancia no PP". Chegou a comentar que "de forma notoria foron pisados principios constitucionais".

A acusación pediu á xuíza que estudase deducir testimonio dos membros da Xunta de Goberno.

Pérez, no seu alegato final, sinalou exclusivamente ao secretario do municipio e asegurou que non lía o que el lle presentaba pola amizade que os unía. O letrado da defensa afirmou que existía unha grande "deslealdade" por parte do exsecretario, quen nin sequera –segundo el– informou ao rexedor sobre as irregularidades das contratacións. Lembrou, asemade, que houbo casos nos que non Demetrio Martínez non realizou os informes de reparo ata "oito e nove meses despois". 

A acusación –mediante a letrada da CIG– pediu tamén á xuíza que se deducise testemuño das actuacións para ampliar a investigación e depurar responsabilidades penais dos demais membros da Xunta de Goberno. A defensa de Pérez, pola súa banda, reclamou á xuíza que fixese iso mesmo co exsecretario pola suposta falsidade nos seus informes.