Dende a Limia
19:38 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Algaria reclama eliminación das barreiras arquitectónicas aos concellos da Limia

O. Ferreiro | 18 de Agosto de 2017 (20:23 h.)
Imaxe da mellora do acceso realizada por Caixa Bank, a petición da Asocación Algaria.
Imaxe da mellora do acceso realizada por Caixa Bank, a petición da Asocación Algaria.

A Asocación Algaria, que leva anos loitando contra as barreiras arquitectónicas que dificultan a vida normal ás persoas con mobilidade reducida, vén de reclamar que aos concellos da comarca da Limia, que aproveiten a liña de axudas publicada no DOG hai uns días para a mellora da accesibilidade.

Dende Algaria afirman que "xa non hai excusas".

Así mesmo, afirman que "xa non hai excusas" pois a accesibilidade "é un dereito universal e como tal ten que plasmarse na realidade das nosas vidas".

Así mesmo, os seus responsables agradeceron publicamente aos responsábeis da oficina de Caixa Bank en Xinzo o seu interese e a recente mellora do acceso realizado na entrada desta entidade bancaria no que ao transporte adaptado se refire.