Dende a Limia
21:49 h. Domingo, 27 de Mayo de 2018

Os alumnos do Carlos Casares celebran o Día da Paz e visitan o Museo Galego do Entroido

O. Ferreiro | 31 de Enero de 2018 (23:09 h.)
No Museo Galego do Entroido, os pequenos defrutaron dun oleiro infantil.
No Museo Galego do Entroido, os pequenos defrutaron dun oleiro infantil.

Os nenos e nenas do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia celebraron onte o Día da Paz con todo o profesorado. Este ano participaron na XIV edición de "Kilómetros de solidariedade", organizada en colaboración coa ING "Save the children", nun intento de achegar á rapazada do centro o problema da supervivencia infantil en moitos lugares do planeta.

DSC08067DSC08085

Dende o colexio perseguían aportar o seu gran de area para que ningún cativo ou cativa morrese por causas evitábeis antes de cumprir os cinco anos. "Tratábase dun obxectivo moi ambicioso pero queriamos aportar colaborando por medio do deporte nunha acción solidaria e educando nos valores da cooperación, a solidariedade e os dereitos humanos, ademáis de fomentar a participación e o compromiso e involucrar a toda a comunidade educativa para acadar un mundo máis xusto e solidario", afirman dende o centro.

DSC08135

O Museo do Entroido recibiu hoxe a visita dos alumnos do CEIP Carlos Casares

Na mañá de hoxe os nenos de Educación Infantil do mesmo centro –catro anos– visitaron o Museo Galego do Entroido de Xinzo de Limia guiados polos técnicos por todas e cada unha das súas salas. Tamén tiveron ocasión de desfrutar cun pequeno simulacro de oleiro infantil.

DSC08215DSC08179