Dende a Limia
06:47 h. Martes, 25 de Julio de 2017

Amplo programa das festas de Sta. Mariña

| 15 de Julio de 2017 (01:27 h.)
Alcalde, concelleiros, membros da comisión e representación eclesiástica
Alcalde, concelleiros, membros da comisión e representación eclesiástica

As 12 da maña de onte venres foi presentado o amplo programa das festas de Sta.Mariña, que xa comezou na serán de onte veneres e que continuará ata pasada a media noite do día 18.

PROGRAMACIÓN PARA TODAS AS IDADES

chikiband 1Comezou a programación no día de onte venres con actividades para os mais pequenos, coa festa da escuma e a actuación da Chikibanda, os mais xoves da Agrupación musical da Limia.

festa espuma2Hoxe sábado levarase a cabo o IIIFESTIVAL DE BANDAS DE GAITAS  vila de Xinzo, que este ano contará coa presenza das tres bandas de Xinzo C,B e A, tendo como invitados a banda de Maceda, Tiago de Cardielos de Viana do Castelo e a banda de gaitas L´arborcer de Castrillón de Asturias.

festa espuma1Non faltará a animación nas rúas por conta da Agrupación Musical da Limia e a charanga Europa. Rematará o día coa  actuación de Los Mecánicos no parque do Toural.

ORQUESTRAS DE RENOME

Este ano parece ser que as orquestras que se achegarán a Xinzo   veñen precedidas de moito “cache”. O domingo a parte musical estará a cargo do grupo Miramar e o “cuarteto improvisado” e o luns e o martes actuarán os grupos orquestrais Combo Dominicano e Nebraska. Para rematar as festas o día grande da patroa será a actuación da orquestra Graffiti.

Todas estas orquestras farán as súas actuacións, ben na rotonda do Toural ou ben na explanada do parque do Toural.

CAMBIO DE EMPRAZAMENTO DAS BARRACAS

Por mor de que os palcos destas orquestras teñen unhas dimensións que non caiban noutro sitio a maioría das actuacións serán na explanada do parque, debido o cal as atraccións irán na rúa dous de maio e explanada do pavillón de deportes.