Dende a Limia
11:47 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

O ano de Carlos Casares toca a seu fin

| 23 de Diciembre de 2017 (23:29 h.)

O Pte. do Parlamento Galego, tamén limián, como el manifestou, o Alcalde de Xinzo, O secretario de Política Lingüística, o Vicepresidente da Deputación e o fillo do escritor en representación da Fundación Carlos Casares  presidiron a mesa que  se formou para dar o remate o ano das letras galegas dedicadas ao escritor Limián.

Tamén en lugar destacado no escenario estaban o Pte. da Fundación Carlos Casares, o Concelleiro de Cultura Carlos Gómez, o escritor Rafael Laso e os galardoados nos diferentes concursos co gallo do ano de Casares.

Exerceu de mestre de cerimonias o técnico de Cultura do Concello Xosé Lois , quen foi ordenando as distintas fases do acto.

ENTREGA DE AGASALLOS AOS GAÑADORES

IMG_1862IMG_1855

IMG_1879IMG_1844

Unha das partes do acto consistiu na entrega de agasallos, neste caso unha medalla do Concello deseñada para a ocasión, foi  o que recibiron os premiados no concurso literario  Eva Rodríguez González e Ana Guede Caramés.

O escritor limián Rafael Laso (colaborador de dendealimia), foi o encargado de presentar tanto os premios, como de facer a valoración dos traballos presentados e sobre todo loxicamente dos premiados.

Tomou a palabra o concelleiro de cultura para ir lendo as actas dos distintos xurados calificadores dos distintos concursos.

IMG_1858As dúas galardoadas recibiron as súas distincións das mans do alcalde e do Pte do Parlamento.

José González Joga, foi o gañador no concurso de deseño dunha portada para o libro “Vento ferido”, quen amosou nunha breve intervención como chegou a ese deseño, ademais de agradecer ao xurado a súa decisión.

O Primeiro Premio Carlos Casares de Xornalismo Literario foi a parar as mans do  ourensán Alfonso Vázquez-Monxardín Fernández, historiador,e  mestre de Lingua e Literatura Galega.

Na súa intervención amosou a súa satisfacción de compartir o seu premio con dúas alumnas de instituto posto que era unha delicia persoal saber que aínda hai xente que le, posto que para saber escribir, como fan elas, e os demais que se presentaron, fai falla ler moito. Recordou  a figura do autor Carlos Casares dende a súa figura de escritor, de lector e sobre todo de escoitador, do cal el daba boa fe.