Dende a Limia
14:32 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

A ANPA do CEIP Carlos Casares organiza unha festa de fin de curso

O. Ferreiro | 19 de Junio de 2017 (22:58 h.)
Imaxe de arquivo do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia.
Imaxe de arquivo do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia.

A ANPA do CEIP Carlos Casares de Xinzo vén de informar de que o mañá martes, día 20 de xuño ás 16:00, horas celebrarán unha festa fin de curso e de exhibición das actividades extraescolares nas instalacións do colexio. Están convidadas todas as nais, pais e familiares de alumnos sexan ou non socios da ANPA.

Haberá tamén animación musical e xogos a cargo da Ludoteca Ludo 3.

Por unha banda a xornada está pensada para que as nais e pais coñezan aos profesores das actividades e vexan os progresos e habilidades aprendidas durante as clases. E por outra parte terá lugar unha gran "festa de fin de curso" para despedir o ano como se merece.

Haberá tamén animación musical e xogos a cargo da Ludoteca Ludo 3, así como merenda e algún agasallo. A entrada para os nenos non asociados terá un custo de 2€ e será de balde para os asociados á ANPA.

É imprescindible confirmar a asistencia mediante unha mensaxe de texto ao teléfono da ANPA  699558007. Así mesmo, deberá avisarse no dos nenos que teñan algunha intolerancia ou alerxia para tela en conta.