Dende a Limia
04:02 h. Miércoles, 18 de Octubre de 2017

A ANPA do CEIP Carlos Casares reúnese para enfocar as acción do novo curso

O. Ferreiro | 18 de Septiembre de 2017 (22:14 h.)
Un momento da Asemblea Xeral de hoxe.
Un momento da Asemblea Xeral de hoxe.

No día de hoxe, luns, tivo lugar a Asemblea Xeral a ANPA do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia. Tras preto de dúas horas de reunión dos pais e nais dos alumnos, unha das máis destacables conclusións ás que chega  seu voceiro, Manuel Pozo, é que "non só houbo moita máis xente" senon que "mmoitos estaban con ganas de axudar e colaborar coa asociación".

IMG-20170918-WA0007

Os pais e nais do  CEIP Carlos Casares darán un carné de socios da ANPA.

Entre as medidas que se aprobaron para o novo curso destaca a impresión e reparto de carnés personalizados de socio para os membros da ANPA: Así mesmo, seguirase na liña de colaboración coas outras ANPAs de Xinzo de Limia para realizar accións conxuntas relacionadas coa mobilidade. Por último, Pozo destaca a decisión de organizaren algunha excursión para todos os socios.