miércoles 23.10.2019
SEGUNDO PLENO ORDINARIO DESTA CORPORACIÓN PRESIDIDA POR ELVIRA LAMA

Aprobouse a subida da taxa do lixo un 10% a partir do 1 de xaneiro cos votos a favor do grupo de goberno e Cidadáns e a abstención do PP

Os informes obrigan aos 54 concellos da provincia

Concelleiros Xinzo en sesión plenaria
Concelleiros Xinzo en sesión plenaria

Na tarde do venres a corporación municipal presidida por Elvira Lama celebrou a segunda sesión ordinaria desta lexislatura cun único punto da orde do día que sería o que máis polémica suscitou entre a portavoz do goberno e o da oposición do PP.

Aprobouse a proposta do grupo de goberno a colocación dun monolito na vía pública no acceso á Igrexa de Mosteiro de Ribeira, como recoñecemento público a  María del Valle e Salúd Torres dúas mulleres vítimas da guerra franquista , moción que foi  aprobado por unanimidade.

                                Montse Lama defendeu a continuación  a moción do grupo  Municipal Mixto-Cidadáns para instaurar 1 hora sen ruídos en tódalas festas do Concello para favorecer aos nenos con dificultade de integración sensorial, moción que foi aprobada por unanimidade e que o concelleiro de Cultura dixo que se faría efectiva nas primeiras festas de Sta. Mariña.
Enlazando co punto anterior acordou declarar os festivos locais para o ano 2020   25 de marzo, martes de  entroido e o 17 de xullo anterior a festividade da patroa Sta. Mariña, que este ano cae en sábado. Este punto aprobouse cos votos a favor de todos os grupos agás o do PP que se abstivo.

 Cidadáns presentou a moción denominada  "Apadriña un parque" que despois dun pequeno debate quedou sobre a mesa para outra sesión para poder falar cos colectivos  que teñen que colaborar e cos técnicos do Concello.

Expediente 4243/2019. Adhesión Central Contratación FEMP.

O seguinte punto que trataron os edís no pleno foi a proposta do equipo de goberno para que o Concello se adhira a central de contratación da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), que a alcaldesa recordou que presidía outra vez o alcalde de Vigo Abel Caballero.

                               Despois da intervención dos diferentes grupos Elvira Lama explicou que esa adhesión simplemente ía a supoñer beneficios para as arcas municipais, posto que esa central de compras ía destinada aos contratos coas grandes empresas de distribución de enerxía, Gas, electricidade etc.  O grupo de cidadáns abstívose por entender que isto prexudicaría as pequenas empresas de Xinzo e comarca. Os demais grupos votaron a favor da integración do concello de Xinzo na plataforma.
Elvira Lama pechou o debate deste punto volvendo a reiterar que esta central solo se refería as compras con grandes corporacións de subministro.


SUBA DA TAXA DO LIXO NUN 10,24%.

 O punto que máis polémica suscitou da sesión foi a proposta de subida do imposto por recollida de lixo nun 14,36 %  que despois da rebaixa obrigada pola Xunta dun 4,12% quedará definitivamente nun 10,24%.

Esta proposta explicou a alcaldesa, que como xa dixera en rolda de prensa pola mañá ven debido a que durante os catro anos anteriores o goberno do PP, no actualizou este imposto co custe real do servizo, e que neste ano que ven a lei obriga a que os servizos non sexan deficitarios, repercutindo integramente o custe ao pago por parte dos veciños e veciñas.

IMG_20191004_195045Xa sabemos que esta é unha medida impopular, continuou dicindo a alcaldesa, pero non nos queda máis remedio que facelo, repito, por imperativo legal, porque o goberno anterior non o subiu cada ano, como así lle insistían dende o goberno provincial, que é a entidade  encargada da recollida e do cobro da taxa do lixo.
Tomou a palabra o portavoz do PP para dicir que  todas as subidas son impopulares. Dende o 15 ao 19 estaba conxelada. Agora chega o grupo goberno e di  que a ten que subir. Esa era a nosa xestión , cousa que vostedes negaban, non obstante vámonos  abster. Esta xestión púidose negociar na Deputación igual que se foi a Madrid, continuou dicindo o Sr. Fernandez.
Para finalizar volveu a tomar a palabra Elvira Lama para agradecer o recoñecemento polas xestións de Madrid e rematar dicindo que
Este concello non fixo os deberes en tempo e forma. Temos que actualizar, este servizo, deficitario en 169.000 . O único que se fai e actualizar unha taxa que se  tiña que haberse actualizado  durante os catro anos pasados.
Temos que trasladar eses incrementos de custe aos veciños.  Temos varios requirimentos que se recibiron no ano 16,17 e 18, aos que o goberno do PP non lles fixo caso. Isto solo fai poñer o día os impostos. Non nos gusta nin como veciños nin como concelleiros. Aínda así despois desta subida seguimos tendo as taxas máis baixas que os concellos da nosa mesma categoría.

Replicou o portavoz do PP recordándolle a alcaldesa que na campaña electoral non dicía o mesmo, onde  van as promesas electorais. Incluso ante  notario?.

Cando aproben os presupostos 2020, a quen lle van botar a culpa.?

Elvira Lama : Nos prometemos baixar os impostos e taxas que puideramos facer. O que non vamos a facer é incumprir a lei.

Os informes obrigan aos 54 concellos da provincia.  O representante , alcalde de Trasmiras  aceptou a subida moito  máis grande. Negociaremos onde faga falla, Deputación, Xunta ,Goberno e Europa si fai falla.

Recórdolle que fomos a Deputación con proxectos de máis de  400.000 € e déronnos 80.000. ao concello de Muíños 347.000.

Nos comprometémonos a que os vindeiros presupostos sexan sociais e realistas, porque así no lo impoñen dende Madrid.

A subida foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno e o de Cidadáns e coa abstención do grupo popular.

IMG_20191004_195016O último punto da orde do día tratou a moción presentada polo grupo popular para que o Concello inste ao Goberno  de España a que faga efectivas as obrigas económicas , tanto coa administración autonómica, provincial e municipal, se fose o caso.

Despois dun acalorado debate entre a portavoz do grupo de goberno e o do PP aprobouse a moción por unanimidade.

Dentro do apartado de dazón de contas do equipo de goberno, este comunicou o cambio de día de celebración dás xuntas de goberno do luns para o venres, por motivos persoais.

Rematou o pleno co capitulo de rogos e preguntas por parte de Cidadáns e PP, respostando unha a unha a alcaldesa  dando por rematado o pleno ao final das mesmas.

Aprobouse a subida da taxa do lixo un 10% a partir do 1 de xaneiro cos votos a favor do...