miércoles 23.10.2019

Así serán o escudo e bandeira de Xinzo

Queda pendente a aprobación por parte do Consello da Xunta
Propostas de escudo e bandeira
Propostas de escudo e bandeira

A aprobación e remisión a comisión de Heráldica da Xunta para o visto bo realizouse no pleno ordinario celebrado o 29 de xullo de 2017.

Naquela ocasión o deseño do escudo foi votado a favor por todos os concelleiros, pero no caso da bandeira foi aprobado polos concelleiros do PP absténdose todos os demais grupos que naquel momento formaban parte do plenario. PSOE, XINZO ADIANTE e BNG.

Como a proposta tiña que ser conxunta a moción foi aprobada polo plenario, proposta que agora aproba a comisión de Heráldica da Xunta dependente da Vicepresidencia do goberno Galego.

Como se dixo esta proposta elevarase ao Consello da Xunta e unha vez aprobada eses serán os emblemas oficias do noso concello.

BANDEIRA XINZO

Bandeira real coas cores e forma aprobadas esta mañá (Foto cedida por Carlos Gómez)