Dende a Limia
23:31 h. Jueves, 19 de Julio de 2018

A avoa da Limia non quixo cumprir os 106 anos

| 01 de Abril de 2018 (20:53 h.)
Homenaxe do concello o verán pasado
Homenaxe do concello o verán pasado

Coñecida por todos na Limia, Elvira Tombo, que naceu en Damil, pasou na súa casa de Xinzo case que toda a súa vida, e nestes últimos anos rodeada dos seus fillos, netos, entre os que se atopaba a actual concelleira e portavoz do PSdG-PSOE Elvira Lama.

No verán pasado foi homenaxeada xunto con outra veciña Eligia Carreira como as dúas persoas mais lonxevas do concello. Nesa ocasión ,manifestaba que ela nunca tivera que ir a residencia sanitaria. Manifestaba co bo humor que a caracterizaba, que o seu segredo era comer moi ben e por suposto algunha que outra copa de licor.

No seu 105 aniversario estivo rodeada de case toda a familia que conta con netos, vicnetos e tataranetos.

Fai unhas semanas tivo que ser intervida cirurxicamente, non superando algunhas complicacións.

FUNERAIS MAÑÁ LUNS AS CATRO E MEDIA

Durante todo o fin de semana, dende que se soubo a noticia, ninguén de Xinzo e a comarca quixo deixar de renderlle a homenaxe particular visitando a capela ardente.

Por ser este domingo de resureción os funerais levaranse a cabo o luns as catro e media na igrexa parroquial de Xinzo, a mesma que ela ata o último ano acudía a diario a misa de oito andando. D.E.P. Avoa Elvira.