Martes 18.06.2019
O PLENO GARDOU UN MINUTO DE SILENCIO POLO PASAMENTO DE ELOY GÓMEZ

Baixan as taxas de ocupación do pavillón de deportes

Sempre que sexa para actividades de tipo social

Minuto de silencio no pleno do 07.01.19
Minuto de silencio no pleno do 07.01.19

Despois dos actos protocolarios de entrega da medalla de  honra a Carlos Canal, entraron os concelleiros a debater os puntos que darían pe a moitas discusións políticas. O seguinte punto a tratar foi unha moción dos populares  instando ao Ministerio de Fomento, para que que dote unha partida orzamentaria para a mellora do vial e beirarrúas da Avd. de Ourense.

O portavoz do BNG foi o primeiro en tomar a palabra, para alegrarse de que o PP lle chegara a vena reivindicativa, xa era hora.

IMG_0521O seguinte foi o representante de XA, para na mesma liña dicir que nunca se  ningunha petición nese senso, aos gobernos amigos, posto que si non o facía quedaban mal, pero agora si non o fan, xa teñen a quen botarlle a culpa.

A representante do PSOE comentou que esta era unha vella demanda da oposición  manifestando que nos 15 anos de goberno municipal do PP as inversión foran pírricas e que as dúas entradas da vila atópanse nun estado lamentable. Anunciaron o seu voto a favor por responsabilidade política.

O seguinte tema a tratar polos concelleiros foi  o que máis polémica propiciou,  contando solo para a súa aprobación cos votos do grupo de goberno e votando en contra os demais membros da oposición.  O tema era a moción do grupo gobernante da taxa reguladora pola utilización de recintos e infraestruturas de carácter deportivo.

O BNG anunciou o seu voto en contra  porque o prezo de 84 €/Día parécelle irrisorio.

IMG_0557

O representante do XA insistiu en que ese prezo por 24 horas era ridículo  posto que pasamos dos 300 € do ano pasado aos 84.

O PSOE apuntou a idea de que esas instalacións fosen unicamente para actividades deportivas  e pediu que retirasen a ordenanza para redactala mellor e con máis consenso , manifestando que esta ordenanza desta maneira non era máis que un agasallo de Nadal para que algún amigo faga negocio. Tamén manifestou a necesidade de ou aumentar as instalacións con un anexo, que lle fai falla ou ben ir pensando en facer outro novo,  pola utilización masiva do mesmo. Catorce euros por hora para actividades deportivas, paréceme ben, pero para actividades non deportivas e unha vergoña.

Tomo a palabra o alcalde para manifestar que ninguén pretende facer negocio.  Estes prezos que se pretenden aprobar son para actividades de carácter social, por iso se poñen eses prezos. O PP votou a favor, quedando aprobada provisionalmente a taxa e anunciando algún dos grupos que no período de alegacións mirarían se facelas como veciños.

O seguinte punto na orde do día era o estudo dunha moción do BNG de cara a instar ao goberno para que se reduza o IVE do consumo eléctrico do 21 ao 4%. Así como instar ao goberno da nosa nación (Galicia) para que de unha vez loite por unha tarefa reducida, posto que somos os produtores de enerxía de España.

O grupo do XA anunciou o seu voto afirmativo e o PSOE, matizou algunhas circunstancias, como a de que si se baixa o IVE é para todos , as familias non pudentes e as outras, así como as empresas. Nos creemos nos impostos progresivos. O representante do PP mostrouse máis a favor da proposta do PSOE e falou da situación herdada polo goberno do PSOE en Madrid con un déficit  enerxético de mais de 30 mil millóns de euros e cun incremento de 5 mil cada ano. A moción foi aprobada por todos os membros do consistorio.

Ao seguinte punto da orde do día era unha moción dos populares referente a petición ao goberno central para que non derrogue da lei de seguridade o apartado referido a prisión revisable permanente.

IMG_0551Todos os grupos da oposición votaron en contra con afirmacións como oportunismo punitivo por parte do BNG. Moción tipo, tema que non é competencia do concello sobre todo estando pendente de manifestación polo tribunal constitucional dende a súa aprobación, segundo a representante do PSOE. Todos os grupos reiteraron que no que había que investir e na prevención, que noutros países coa pena de morte, non teñen menos delitos de carácter machista. Os populares non quixeron retirar a moción e quedou aprobada solo cos seus votos.

Os seguintes puntos referentes a solicitude a Fomento para a sinalización horizontal da 525 ao paso pola vila e ata os pobos circundantes, o pago de plus de peligrosidade , penosidade e toxicidade do persoal da brigada municipal e o pago do 100% do salario dende o primeiro día de enfermidade foi aprobado por unanimidade dos presentes.

Pasouse logo a comunicación dos decretos da alcaldía e ao estudo de dúas mocións de urxencia presentadas polo grupo socialista  e Xinzo Adiante que foron rexeitadas a súa urxencia. A dos Socialistas era referida as peticións dos veciños de Lamas posto que esas cuestións xa estaban a ser tratadas co pedáneo.  Tamén o mesmo grupo socialista presentaban unha moción para que se rebaixaran as taxas municipais, para que a xente non se empadroen noutros concellos limítrofes así como facer algunha campaña de sensibilización de cara a alcanzar os 10.000 habitantes. O alcalde instou a sacar o primeiro punto, posto que como vostede ben sabe, este concello mentres teña o plan de axuste, non pode baixar as taxas, solo pode conxelalas, que xa se ven facendo nestes dous últimos anos. Como a portavoz socialista, non accedeu  o alcalde rexeitou tratar a súa urxencia.

Viñeron logo os rogos e preguntas por parte dos membros da oposición, que foron contestados polo alcalde, sendo un dos mais solicitados era a apertura e en que condicións, se xa tiñan coñecemento, do museo do Entroido.

Tamén lle preguntaron polo arranxo da rúa do Pombal ao cal contestou que pronto estaría arranxada, así como  saber cando se ían arranxar as luminarias da rúa Curros Enriquez.

Rematou o pleno pasadas as 13,30 horas.