Dende a Limia
04:01 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

Carlos Gómez volve a facerse cargo de Cultura

| 04 de Septiembre de 2017 (23:28 h.)

Motivos persoais levaron a Luís M. Gil a solicitar ao Alcalde a renuncia  dentro das competencias que ata agora levaba ós cometidos de Cultura e festexos. 

Segundo confirma o alcalde o traspaso de competencias farase efectivo no día de hoxe, despois dunha reunión entre ámbolos dous concelleiros.

Moito traballo para unha soa persoa

Carlos Gómez  manifestou a dendealimia que na reunión que manterán os dous concelleiros para o traspaso de competencias, cousa normal entre concelleiros dunha corporación na cal todos estamos a axudarnos uns os outros, quere que Luís Miguel, dentro das competencias de Educación, siga levando a Agrupación Musical da Limia a escola de Teatro e algunha parcela mais que ata agora se englobaba en Cultura.

Como todos saben esta concellería non e nova para min e asumo as competencias , non no ánimo de mellorar, posto que iso vai a ser difícil, se non so no ánimo de colaborar no desenrolo das competencias que temos que asumir o grupo de goberno, o cal fago con gusto, aínda que solo sexa para sacarlle traballo a un compañeiro que así o solicitou.

PRIMEIRA DECISIÓN, A COMISIÓN DO ENTROIDO

Unha das primeiras decisión coa que  ten que “lidiar” o novo  concelleiro é a organización do Entroido.

QUE SEXA UNHA COMISIÓN VECIÑAL

O que ten claro  Carlos Gomez, preguntado por este tema é que o Entroido é a primeira festa en importancia de Xinzo e que ten que ter a colaboración dunha comisión veciñal, posto que Cultura non ten persoal suficiente para facerse cargo da súa organización sen axuda.

Neste senso  o único que hai no Concello é unha petición por parte da comisión organizadora dos dous últimos anos de que a concellería convoque unha reunión veciñal como é costume.

Tamén hai outra solicitude  por parte doutras  persoas, experimentadas igualmente,  ofrecéndose  para colaborar tamén na organización.

Todos eles teñen o o espírito do entroido e as gañas de colaborar desinteresadamente en que a festa saia o mellor posible.