Dende a Limia
05:01 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

O carteiro Real estará na Praza Maior de Xinzo os días 4 e 5 de xaneiro

O. Ferreiro | 02 de Enero de 2018 (23:00 h.)

O carteiro Real instalarase na Praza Maior de Xinzo de Limia os días 4 e 5 de xaneiro para que os maís pequenos poidan depositar as súas cartas aos Reis Magos antes de que estes pasen pola Limia.

O día 4 estará dispoñible en horario de 12 a 14 horas e de 17 a 19 horas. O día 5, xa a unhas horas da súa visita, só estará dispoñible de 12 a 14 horas.

A asociación de comerciantes ProLimia e o Concello de Xinzo de Limia colaboran para facelo posible.