Dende a Limia
05:48 h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018

Castrexos contra Romanos, a fin do Esquecemento

| 20 de Agosto de 2018 (19:50 h.)
esquecemento 2 (2)
esquecemento 2 (2)

Onte tras o cruce do río Lethes e a batalla entre os Castrexos de Beltrán contra os Romanos de Décimo Xuño, apagouse o lume sagrado que marcou a fin do Esquecemento XVIII.

O teatro comezaba ás 17h co cruce do río por parte das lexións hispánicas a cargo de Décimo Xuño, quen non se esqueceu de ningún dos seus soldados tras aventurarse no río Lethes.

 

esquecemento 2 (1)

Décimo Xuño desafiou ós Deuses e non fixo caso ás advertencias da súa augur, e aínda así acadou a gloria tras vencer e conquistar os castrexos que o agardaban da outra beira. Os pobos castrexos dos Limicos, Lugóns… Liderados por Beltrán, loitaron con honra a pesares de non conseguir vencer ós romanos, pero Décimo recompensou a súa valía. 

esquecemento 2

esquecemento 2 (3)

 

esquecemento 2 (4)


Tras os teatros da batalla e do cruce do río, ás 19:00h foi o derradeiro desfile deste Esquecemento XVIII, no que castrexos e romanos pasearon as rúas de Xinzo. De volta ó campamento, ás 20h tivo lugar as loitas de gladiadores e tras isto comezou a festa.

esquecemento 2 (5)

 

esquecemento 2 (6)

 

Ás 22:30h celeboruse o concerto de Böj, houbo espectáculos de lume tanto no campamento coma fóra: “A dama do lume” e “na escuridade”. Finalmente apagouse o lume sagrado que cerraba o Esquecemento, pero non sin actuar antes Pelepau que comezou algo máis tarde das 00:15h.