lunes 26.08.2019

Celebración do Día de Galicia cun discurso de presentación feminista

Elvira Lama: ''Galicia é feminina e feminista''
IMG-20190726-WA0006
IMG-20190726-WA0006

Con pasodobre e marcha a cargo da Agrupación Musical da Limia comezou o acto de conmemoración do Día nacional de Galicia ao que asistiron membros do actual grupo de goberno e do anterior e que tivo lugar no parque Galicia.

IMG-20190726-WA0018

O fin da música serviu como inicio da ofrenda floral con motivo de dita celebración e do discurso de presentación da alcaldesa Elvira Lama que comezou lembrando a historia do festello cuxo nacemento é froito da labor das Irmandades da Fala, “este parque é un bonito lugar para recordar pinceladas de historia”. De seguido, o seu discurso tomou un matiz máis feminista no que mencionaba que “a estrutura matriarcal ao mellor non é tan aparente como antes. As mulleres temos agora un papel con máis visibilidade, pero temos que pasar dese matriarcado a un feminismo activo que dende o berce inculque valores, man a man, aos homes en termos de igualdade para facer dende a nenez homes e mulleres que vivan, sentan e amen a liberdade”. A alcaldesa puxo fin a súa intervención dicindo que “entre todos e todas, veciños e veciñas, podemos e debemos facer deste pobo un pobo máis agradable, máis sensible e, sobre todo, máis tolerante”.

Seguidamente comezou unha rapsodia galega que daría paso á lectura compartida do “Alba de Groria” de Castelao cuxa recitación estivo empuxada polo son dun piano. A piques de rematar o son da Muiñeira do Areal deu comezo á tradicional queimada e xa con todos os asistentes en pé o acto terminou co canto do himno galego.

cats2cats