Dende a Limia
02:22 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Centos de veciños ocupan as rúas de Xinzo contra a planta asfáltica

O. Ferreiro | 06 de Agosto de 2017 (13:20 h.)
Imaxe da concentración ás portas da Casa do Concello.
Imaxe da concentración ás portas da Casa do Concello.

Na mañá de onte, centenares de veciños e veciñas de Parada de Ribeira e de outras localidades do Concello de Xinzo de Limia tomaron as rúas da vila para se manifestar contra a planta asfáltica cuxa licenza de instalación foi recentemente concedida.

IMG_5713IMG_5712

Non asistiu ningún representante do grupo popular de Xinzo de Limia.

Foron, para a Policía Local, unhas 220 persoas; mentres que a organización cifrou en 300 a cifra de asistentes a esta protesta colectiva na que se puideron ver aos principais concelleiros da oposición, ademáis de á parroquia de Parada de Ribeira case na súa totalidade. Non asistiu, pola contra, ningún representante do grupo de goberno popular, que desestimou recentemente o recurso de reposición presentado pola asociación. Neste senso, os voceiros dos grupos da oposición non dubidaron en recriminarlle aos concelleiros do grupo popular a súa ausencia da manifestación logo de que manifestaran o seu apoio ás reivindicación da aldea de Parada de Ribeira.

IMG_5711IMG_5708

A concentración deu inicio no consistorio municipal e partiu cara a Praza Maior, onde unha representante da asociación O Muíño da Lama deu lectura a un manifesto, baixo o lema "Non á planta asfáltica. O noso rural non se vende".