Dende a Limia
03:14 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Os coidadores de persoas dependentes recibiron formación en prevención

O. Ferreiro | 20 de Junio de 2017 (22:48 h.)
Un momento do taller organizado pola Escola de Saúde Rural da Limia.
Un momento do taller organizado pola Escola de Saúde Rural da Limia.

Os riscos laborais e a cultura da prevención foron algúns dos temas abordados polos técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense, profundando especialmente na prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TME) na atención a persoas dependentes.

Os obxectivos da devandita formación eran mellorar as condicións do traballo do persoal sanitario e de servizos sociais e diminuír o risco de sobrecarga biomecánica, limitando as lesións laborais así como os custos asociados –accidentes ou absentismo laboral–.

Un momento do taller organizado pola Escola de Saúde Rural da Limia.

Falouse das mobilizacións manuais de persoas dependentes e da avaliación do dano, así como de axudas técnicas, concluíndo que son catro os factores a ter en conta en canto ao risco e medidas preventivas: formación en técnicas de mobilización de pacientes e posturas correctas, disposición de espazos adecuados, uso de medios mecánicos e un adecuado mantemento da forma física.