Martes 18.06.2019

COLOCACIÓN DUNHA NOVA MARQUESIÑA NA ZONA DE VILLASANA

Acollerá aos estudantes que  teñen alí a súa parada

Onte foron rematadas as obras de instalación dunha nova marquesiña  que dará cobertura aos usuarios, tanto de transporte escolar, como das liñas de autobuses que teñen a súa parada na zona de Villasana da Avd de Madrid.

A inversión realizada polo concello é de 5.000 € e foi colocada aproveitando o  espazo que deixara un local ambulante instalado na mesma zona.

IMG-20181002-WA0001A marquesiña, de dimensións específicas para o lugar pode acoller a dúas persoas en cadeira de rodas nos laterais e permite totalmente o transito por diante de persoas con pouca mobilidade.