Dende a Limia
16:57 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

COMEZA A TEMPADA DE PISCINA EN XINZO

| 15 de Junio de 2018 (22:00 h.)

Maña día 16 de xuño, ábrense as portas da piscina exterior de Xinzo de Limia, para o seu goce e disfrute na etapa estival.

O Concelleiro Ricardo Siero asegura que xa se arranxaron todos os detalles para a seguridade dos bañistas, como a reparación e substitución de lousas, reparación e reposición do valo perimetral que rodea o vaso principal, reparación dalgúns danos nos vestiarios e posta a piques da depuradora. Tamén se plantaron diversas especies arbóreas.

Con respecto ao acondicionamento de exteriores e zonas deportivas, aínda seguirase traballando unha semana máis debido a que o tempo non permitiu que esas zonas puxésense do todo a punto.