Dende a Limia
01:30 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

O Concello tivo un superávit nas contas do 2016 de 775.802,08 €

| 20 de Julio de 2017 (22:00 h.)

O Concello de Xinzo recibiu o VºBº do Tribunal de Contas de Galicia, organismo fiscalizador dos concellos a presentación da Conta Xeral do ano 2016.

O PRAZO REMATABA DENTRO DE DOUS MESES

Na historia recente do noso Concello, nunca se había cumprido co requisito de presentación da Conta Xeral no organismo fiscalizador,case sempre por motivos de falta de persoal, segundo nos indican no departamento correspondente.

Dos 8.337.861,01 € de dereitos recoñecidos como ingresos  ao inicio do ano 2016 gastáronse 7.655.874,32 €. Isto da un resultado de tesoureira positivo de mais de 700.000 €.

Tamén esta é a primeira vez nos últimos 10 anos en que o resultado final da un saldo positivo nos orzamentos do Concello.

Redución do endebedamento

Tamén nas contas aparece o endebedamento do Concello que neste final de ano 2016 quedou reducido a uns 4,5 millóns de euros o que supón un 67% do presuposto.

Fai soamente 5 anos a taxa de endebedamento era de mais do 110% .