lunes 21.10.2019

Concentración e minuto de silencio hoxe en Xinzo

Membros da corporación, traballadores do Concello e veciños gardaron un minuto de silencio como repulsa ao crime machista de Vilalba

Tomou a palabra a alcaldesa para manifestar que os compañeiros de corporación os traballadores do Concello e toda a cidadanía de Xinzo queremos expresar con este acto de concentración  e o posterior minuto de silencio a nosa total repulsa e o noso rexeitamento  cara a todo tipo de violencias machistas. Neste caso aínda máis por ser unha muller galega e unha muller traballadora.

                               Todos os que estasmos aquí e todos aqueles que representamos, todos veciños e veciñas do noso Concello, non imos a tolerar nin un paso atrás na loita conquistada  polas mulleres, de cara a igualdade.
Cando falla o sistema de protección en casos de violencia machista con ordes de afastamento, estamos fallando como sociedade! Querémonos vivas, libres e en total igualdade que os homes.

Despois de reiterar o rexeitamento a estas accións criminais, Elvira lama quixo manifestar a solidariedade e o pesar do pobo de Xinzo coa familia e cos veciños de Villaba.
Para rematar gardouse un minuto de silencio por Carmen,esperando que este sexa o último, por un feito de violencia machista.