Dende a Limia
20:57 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

O Conservatorio de Xinzo despediu o ano co seu concerto de Nadal

O. Ferreiro | 22 de Diciembre de 2017 (23:45 h.)
Un momento da actuación dun dos coros do centro de alta formación musical.
Un momento da actuación dun dos coros do centro de alta formación musical.

O Nadal está preto. E no Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, coma todos os anos, festexárono con música –como non pode ser doutro xeito–. Un concerto onde os alumnos mostraron o seu talento e esforzo durante todo o primeiro trimestre do curso. Os rapaces xa levaban varias semanas preparando as súas actuacións con toda a súa ilusión así como estudando e ensaiando horas extra. Pero esta semana foi a recta final. Foron, sen dúbida, días intensos de remate de avaliación onde tiveron tanto exámes como ensaios xerais para que o xoves todo saira perfecto.

IMG-20171222-WA0002

Os máis cativos de "Música e movemento" así como de "Iniciación musical" deron a benvida ao público asistente e iniciaron o concerto acompañados polos alumnos de 1º de Grao Elemental, o coro de Grao Profesional e unha representación de todos os instrumentos musicais que se ensinan no centro. A continuación foi o turno para unha selección de panxoliñas tradicionais, populares e outras algo máis modernas aproveitando as datas nas que nos atopamos. Soaron, entre outras, obras clásicas de compositores como Vivaldi, Mozart, Schubert, Strauss, Grieg ou Debussy… e outras máis contemporáneas coma Piazzolla, Miller ou Rota.

IMG-20171222-WA0000

Dende o Conservatorio todos os alumnos e todos os profesores puxeron toda a ilusión e esforzo para que o público presente puidera desfrutar esta velada musical que dá entrada a estas datas tan especiais do Nadal.

IMG-20171222-WA0001