Dende a Limia
18:01 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Continuan as obras de posta en valor do Mosteiro de Trandeiras e do seu entorno

| 28 de Octubre de 2017 (13:42 h.)
Carlos Gómez, concelleiro de Cultura
Carlos Gómez, concelleiro de Cultura

   

            O Concelleiro de Turismo Carlos Gómez, promotor da iniciativa informou que “as actuacións que se veñen de realizar buscan o desenvolvemento de usos públicos do espazo Rede Natura 2000 no Concello Limiao.

ADECENTAMENTO, SINALIZACIÓNS E DESBROCE DE CAMIÑOS

            Nestas actuacións do entorno do Mosteiro de Trandeiras, procedeuse a mellora ambiental da paisaxe e dos camiños de acceso a este espazo mediante a delimitación de zonas sensibles;

Tamén  se tivo en conta a función didáctica e de recreo público.   

            As actuacións tuveron un orzamento de 21.000,00€ con cargo a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio. Dedicados na colocación por unha banda, de sinais de estrada, balizas interpretativas e diversas mesas interpretativas en madeira e metal,

           IMG_1321-1 E por outra, na limpeza da contorna, consolidación e reconstrución de diversos valados tradicionais, incluíndo asemade o desentullo de diversos elementos hidráulicos procurando que circule a auga por estes condutos.

            No  caso dos elementos hidráulicos, a limpeza realizouse por medios manuais, tanto do estanque, como do conxunto de canalizacións do Mosteiro que van dende as minas de captación de augas ata diversas fontes. Estes canles, conformados por pezas de pedra labradas de uns 70 centímetros de longo, actualmente atopanse tupidas por follas e outros restos vexetais. O desentullo das mesmas consistirá na retirada destes restos vexetais, para garantir unha mellor circulación da auga.

            No tocante os valados tradicionais a consolidar, son pequenos tramos de muros, que teñen sufrido algún desprendemento nos últimos tempos. Para a súa consolidación empregaranse as pezas caídas que serán reforzadas interiormente mediante morteiro de cal hidráulica, xa que os valados da contorna non presentan encintado exterior de morteiro.

            No caso das balizas e paneis interpretativos, un grupo deles versan, principalmente sobre fauna e flora do lugar e da contorna, e outro grupo de paneis, centran  a información na historia de elementos arquitectónicos como a Torre de Pena e o propio Mosteiro Franciscano no que se explica a evolución histórica, estilo e usos do propio Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras.

 

O BANCO MAIS BONITO DA LIMIA

 

IMG_1327-1De todos é sabido a costume que se está a levar actualmente en tódoalas comarcas turisticas  é a colocación dun banco dende o que as vistas dunha ampla zona sexan especiais e espectaculares. A Limia non ía ser menos e no final do camiño ascendente ata os penedos tamén  se colocou un banco de madeira dende o que se pode disfrutar dunha formidable vista panoramica da Limia. Este percorrido didactico interpretativo esta apoiado pola colocacion de paneis e balizas interpretativas tanto do ecosistema, como tamén dos elementos patrimoniais que se definen ao longo de todo o espazo.

Esta é outra actuación mais, que coas que esperamos seguir facendo, oxalá os nosos fillos poideran ver recuperado o Mosteiro completamente, manifestou Carlos Gómez