Dende a Limia
02:19 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Continúan esta semana as xornadas de saúde sexual da Escola Rural de Saúde da Limia

O. Ferreiro | 25 de Noviembre de 2017 (23:24 h.)
O Doutor Luis Preito Robisco nunha das súas ponencias.
O Doutor Luis Preito Robisco nunha das súas ponencias.

A Escola Rural de Saúde da Limia da continuidade ás exitosas xornadas de saúde sexual que está a realizar en Xinzo de Limia. Este luns 27, o sexólogo Luis Prieto Robisco, falará aos asistentes sobre a satisfacción sexual e o sexo tántrico, ademáis das alteracións na exaculación e os orgasmos masculinos e femininos. 

As xornadas son abertas a toda a cidadanía e terán lugar na aula da asociación Escola Rural de Saúde da Limia, situada na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. 

O martes 28 de novembro será o turno da sexóloga e terapeuta de parellas, Silvia García Ríos, quen expoñerá aos asistentes conflitos relacionados coa sexualidade na parella, sexualidade na vellez e tocará o tema da lacra da violencia machista.

Terapeuta Silvia Garcia Ríos

Xa o mércores, ámbolos dous poñentes –Silvia e Luis– expoñerán sobre a heteroxeneidade e a flexibilidade da resposta sexual feminina e sobre a sexualidade masculina, antes de pechar as xornadas. 

As xornadas son abertas a toda a cidadanía e terán lugar na aula da asociación Escola Rural de Saúde da Limia, situada na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.