Dende a Limia
18:01 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

O CRIXP Pataca de Galicia imparte unha charla aos alumnos de Hostalería do Lagoa de Antela

O. Ferreiro | 23 de Octubre de 2017 (22:48 h.)
O noso tubérculo máis característico.
O noso tubérculo máis característico.

Este martes día 24, ás 10:30 horas, os alumnos de Formación Profesional Básica de Hostalería do I.E.S. Lagoa de Antela, na súa aula de talleres participarán nunha charla impartida polo Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia para coñecer e descubrir –polo miúdo– as características do tubérculo amparado por esta denominación, as súas aptitudes culinarias e o seu potencial gastronómico.

Esta actividade está formulada como complemento á súa formación.

Esta actividade está formulada como complemento á súa formación e auxilio ás prácticas das súas ensinanzas. Nela están convidados a participar varios grupos do centro. Ao rematar o simposio, para completar a xornada, os alumnos –que estudan as disciplinas de cociña e servizos– preparán unha serie de elaboracións con patacas en salgado.