Domingo 24.03.2019

Dende o día 2 de xaneiro Xinzo contará con máis policías locais

Tres serán as incorporacións ata o mes de Xuño

Tres novos  axudantes de policía local incorporaranse o día 2 de xaneiro o cadro de persoal actual de 12 efectivos cos que conta neste momento o Concello de Xinzo.  Deses 12 efectivos, segundo manifestou o alcalde esta mesma mañá dous están atendendo nas propias oficinas e os outros facendo labores na rúa, aínda que dous máis atópanse de baixa. Aínda así é mentira que a vila quedara sen vixianza polas noites, como afirmaron os membros da oposición, posto que cada vez que hai algunha baixa por enfermidade ou falla de horas dos axentes, se fala coa Garda Civil e eles fanse cargo da vixilancia da vila.

O ACORDO COA POLICÍA LOCAL SEGUE ENCALLADO

IMG_20181228_140049Manuel Cabas quixo facer un análise da situación na que se encontra o convenio que se está a negociar dende fai bastante tempo, definindo a situación como de estancamento, despois de haber chegado a un acordo do 100% en todos os puntos. Na última reunión co representante dos axentes chegamos a un acordo no cuadrante, único tema que se está a debater. No último presentado polo representante sindical estaba todo aceptado, tendo simplemente que quitar no cadro a dúas persoas, que xa estaban como “flotantes” no mesmo, sen adxudicar traballo, pedindo por parte da alcaldía que se retiraran dos días adxudicados e que quedaran fora a disposición do servizo cada semana. A sorpresa foi grande cando na seguinte reunión o representante sindical negouse a presentar o cadro aprobado dicindo que non facía máis.

O alcalde solo quere, continúa dicindo, que o cadro de traballo sexa para todo o ano, quedando eses efectivos pendentes de adxudicar nos días que fagan falla, pero que non se faga un cadro cada 15 dias. Iso non ocorre en ningunha empresa, e dende logo para conciliar a vida laboral e familiar, entende que cada un debe saber cun ano de antelación cando ten que traballar e cando descansa.

MAIS MEMBROS A PARTIR DE XUÑO

Tamén se está pendente a incorporación das dúas persoas que aprobaron as oposición e que están pendentes do curso de formación na AGASP. Supoñendo que comecen en febreiro, para o verán deberían incorporarse a cadro de persoal. Así mesmo na primeira semana do ano que entra solicitarán outros tres axudantes que se incorporarán unha vez que estes finalicen o período de seis meses, co que durante todo o ano haberá tres axudantes fixos, máis as dúas incorporacións a partir de agosto.