Dende a Limia
20:58 h. Lunes, 20 de Agosto de 2018

Derradeira reunión para a organización do desfile infantil do Entroido de Xinzo

O. Ferreiro | 07 de Febrero de 2018 (23:29 h.)
Imaxe dos asistentes á reunión.
Imaxe dos asistentes á reunión.

Hoxe mércores, ás 11:30 horas, celebrouse a derradeira reunión para a organización do desfile infantil do Entroido de Xinzo de Limia. Estiveron presentes os representantes dos centros educativos participantes, a Policía Local, Protección Civil de Xinzo, representantes do goberno local e tamén membros da Comisión do Entroido 2018, en calidade de colaboradores.

O desfile terá lugar este venres a partir das 11:30 horas. O percorrido principal será dende a Avenida de Madrid no seu cruce coa San Sdebastián, pasando pola Avenida de Ourense, Marcelo Macías e ata o CEIP Carlos Casares, onde o centro organizará o fin de festa.

IMG-20180207-WA0011

Neste desfile participarán os centros educativos de Baltar, Os Blancos, Cualedro, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Santos e Xinzo de Limia. Tamén formarán parte nais e pais e seis charangas –Nova, Achicoria, Cuba Libre, Sorcha, bande e Albor–. En total case 2000 participantes.

Atemática do desfile será libre e cada centro escollerá a súa. Durante a celebración do mesmo, as citadas rúas quedarán cortadas ao tráfico.