Lunes 20.05.2019
SIMULACRO DE "BOMBA" NO CEIP CARLOS CASARES

Desaloxado en menos de 2 minutos o CEIP Carlos Casares de Xinzo

Resultou ser una falsa alarma de “bomba”

Desaloxo do CEIP Carlos Casares
Desaloxo do CEIP Carlos Casares

Pasadas as dez da mañá e cando levaban case una hora da xornada lectiva deste venres 15 de marzo comezaron a soar as alarmas do CEIP Carlos Casares e comezou o desaloxo, unha vez que a rúa onde se atopa, xa estaba pechada por varios coches da Garda Civil e da Policía Local.

Cando todo o dispositivo estaba preparado procedeuse ao desaloxo do centro escolar, comezando polos máis pequenos que non daban creto do que lles estaba a acontecer, simplemente seguían as indicacións do profesorado e dos membros de seguridade.

IMG_8591Unha vez todos na rúa e custodiados polo profesorado a boa distancia do centro, membros da garda civil acompañados por protección civil , pasaron a inspección visual neste caso das instalación do centro, non atopando ningún artefacto.
Unha vez que o superior da operación, pertencente neste caso a Garda Civil “confirmou” a non existencia de nada sospeitoso, o xefe da Policía Local informou a dirección do centro de que todo estaba en situación de poder voltar as aulas e continuar coa función docente.
Todo estaba preparado e saíu como se esperaba, pero estes simulacros téñense que facer o máis reais posibles, manifestaban os membros de seguridade que participaron no operativo, despois de “terse recibido una chamada no 112, de ameaza por bomba”.
Varios país que traían aos seus fillos para a segunda hora encontráronse que os seus compañeiros estaban entrando outra vez no centro.
Como anécdota, o persoal de cocina foi o primeiro que voltou ao centro, posto que as perolas seguían na cocina e había que recuperar o tempo para ter o menú de hoxe a hora.

simulacro1

simulacro3simulacro4simulacro5