Dende a Limia
01:35 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

A Garda Civil detivo a un veciño de Xinzo por malos tratos e tráfico de drogas.

O. Ferreiro | 28 de Mayo de 2017 (21:19 h.)

Ampliamos información.

A Garda Civil detivo ás 16:00 hroas deste domingo a un veciño de Xinzo de Limia tras localizar na súa vivenda 14 plantas de marihuana, unha báscula de precisión e 57 dose de cannabis preparadas para a súa distribución.

Segundo informou a Garda Civil, os axentes acudiron á vivenda do detido –de 37 anos de idade– tras recibir unha chamada na que alertaban sobre un posible caso de malos tratos no ámbito familiar.

A Garda Civil descubriu no interior da vivenda até 14 plantas de marihuana, unha báscula e numerosas doses de cannabis envasadas para a súa posterior venda.

O detido enfróntase a tres delitos: contra a saúde pública, tráfico de drogas e malos tratos no ámbito familiar. O Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia fíxose cargo do caso.