lunes 26.08.2019

O Día de Galicia celebrarase no Parque de Galicia

Os actos de conmemoración comezarán ás 21:00

Fai anos que o Parque de Galicia leva este nome por acordo da corporación municipal, pero nunca se lle puxo ningunha placa que o asevere. Segundo manifestacións da alcaldesa Elvira Lama, ''tendo un parque que leva o nome de Galicia, entendemos que sería ese un bo lugar para a celebración dos actos conmemorativos''.

PHOTO-2019-07-24-17-37-29

Despois da colocación da placa farase, no mesmo lugar, unha ofrenda floral e continuará o acto cunha lectura compartida do discurso de “Castelao” Alba de Groria”. Rematada a lectura dará un pequeno concerto a Agrupación Musical da Limia.

O motivo do cambio de horario, que este ano será ás 21:00, é que a esa hora, todas as persoas que queiran asistir, non Terán que “sufrir” as altas temperaturas destes días podendo aproveitar mellor o acto e o posterior concerto.