lunes 26.08.2019

Dilema económico: boa herdanza ou exceso de gasto

Convócase un pleno extraordinario que ten por obxectivo levar a cabo unha modificación de
crédito con cargo ao superávit do ano 2018.

Recalcando que non existe caos económico, senón superávit o portavoz do PP en Xinzo, Antonio Fernández, sinalou a existencia dunha estabilidade orzamentaria cunhas “contas saneadas para poder facer unha modificación de crédito” que actualmente conta con 300.000 euros. Así mesmo cataloga de “boa herdanza” a situación económica deixada polo anterior goberno. Un goberno que, segundo afirma, non fixo un presuposto porque “non sabía quen ía gobernar e por iso quíxose deixar as mans libres para que quen chegara presupuestara a súa maneira”.

A todo isto o actual cencelleiro de facenda, Manuel Pérez, engade que o diñeiro que queda nas contas serve para cubir unha serie de partidas que xa están superadas, como por exemplo a de cultura e que as contas non están saneadas como afirman dende a oposición, xa que “o concello de Xinzo era o máis endebedado de toda a provincia”. Así mesmo, queixase de que “non nos deixaron máis que migallas”, xa que o anterior goberno gastou preto de tres millóns de euros en cinco meses. Polo tanto, ademais dos 270.000 euros mensuais recibidos polo Estado terán que empregrar unha póliza de crédito de 700.000 euros para pagar os gastos ate final de ano.

Sen embargo, dende o PP contestan que “nada máis empezar este goberno lles chegaba o tempo para realizar un presuposto se vían o tema tan mal e con tanto caos” e “se o noso grupo chegara a gobernar xa o tería feito”. No tocante ás partidas superadas engaden, ao dito con anterioridade, que se trata dun gasto controlado dentro da liquidez e que “ esta modificación de crédito de máis de 300.000 euros quere dicir que hai liquidez”.

Pola súa parte, a alcaldesa, Elvira Lama, pretende deixar claro que “uns orzamentos nin se fan nin se aproban no mes que levamos sentados no goberno desta institución” e que se non existe crédito en moitas das partidas é porque ao grupo anterior “se lles foi a man en exceso de gasto”. Desta maneira, Lama, alaba o traballo do actual goberno que “con escasos recursos está facendo todo o posible para que os servizos do concello funcionen”.