Dende a Limia
00:06 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

Domingo de San Sebastián "fareleiro"

O. Ferreiro | 19 de Enero de 2018 (23:28 h.)
Imaxes de arquivo do Domingo Fareleiro 2017
Imaxes de arquivo do Domingo Fareleiro 2017

Tralo "petardazo" de mañá pola noite que congregará, previsiblemente, a miles de limiáns e visitantes na Praza Carlos Casares para dar a benvida ao entroido e desfrutar da festa posterior; será o turno do Domingo Fareleiro.

48

Mais este ano coincidirá tamén coa festividade do San Sebastián. Xa que logo, pola mañá ás 12:00 horas, haberá procesión dende a Igrexa Vella até a Nova. O santo –patrón da Policía Local– irá acompañado polos axentes desta institución con traxe de gala. Así mesmo, asistirán membros do consistorio limián e a Garda Civil da vila –en calidade de convidados–.

Ao final da mañá haberá un viño galego para fechar a festividade.

Xa pola tarde será o momento de encher de fariña as rúas de Xinzo. O reparto de fariña comezarás ás 16:30 horas na Praza Maior da localidade. Xa ás 17:00 horas comezará a festa, que se prolongará durante toda a tarde.

Viva o Entroido de Xinzo de Limia!