Dende a Limia
18:32 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Dous lumes queiman máis de 60 hectáreas en Xinzo de Limia e Lobios

O. Ferreiro | 04 de Agosto de 2017 (22:42 h.)
Lume fronte ás casas de Rebordechá (Xinzo de Limia).
Lume fronte ás casas de Rebordechá (Xinzo de Limia).

No caso de Xinzo de Limia, o incendio declarouse na parroquia Damil sobre as 16:50 horas. Nas tarefas participan catro avións, catro helicópteros, catro motobombas, nove brigadas e dous axentes.

IMG_5690IMG_5689

O lume achegouse perigosamente ás vivendas nas localidades de Damil, Rebordechá, San Pedro e Laroá. Arredor das 19:30 horas xa se queimaran más de 20 hectáreas. Non se ten información do alcance actual do lume.

IMG_5693IMG_5691IMG_5692

Pola súa banda, o lume tamén activo en Lobios afecta xa a unhas 35 hectáreas. O incendio iniciouse ás 14:04 deste venres na parroquia de Araúxo, e a Xunta dáo por estabilizado, pero non controlado, desde as 17:50 horas. No operativo participan nove helicópteros, seis avións, 14 brigadas, cinco motobombas e un axente.