martes 16.07.2019

Elvira Lama e Amador Díaz reciben aos membros de ADEGAL

Reunión cunha asociación que entendemos altamente representativa dun colectivo estratéxico para esta comarca.(Elvira Lama)

Reunión con  ADEGAL
Reunión con ADEGAL

Toma de contacto para escoitar as súas necesidades  que afectan é repercutirán directamente nos veciños da comarca e por “ende” aos veciños do noso concello.

O primeiro do que falamos foi o do regadío, tendo pendentes varios. Cuestión que teremos que traballar conxuntamente coa Xunta de Galicia , coa Confederación e co Goberno Central. O problema de regadío é básico para a subsistencia deste sector, repito , tan importante para a economía do noso concello. Temos que darlle solución case de inmediato.

Tamén se abordou o tema da gandería no que, ou nos pomos todos xuntos a tratar de arranxalo, ou se non, NON se soluciona. Neste senso manifestáballe aos presentes,  que non é o mesmo ir aos organismos oficiais,  a alcaldesa e o Tnte. de alcalde solos,  que ir apoiados e acompañados por unha asociación como ADEGAl, con toda a forza que ten detrás.

Nós vamos estar aí, porque a problemática da Limia ten que ser solucionada co apoio de todos, non solo neste caso o noso concello, se non de todos os da comarca, xunto coa administración autonómica, e estatal, ademais das autoridades como o Seprona.

A Alcaldía e o novo equipo de Goberno queren un desenvolvemento sostible do medio rural.