martes 19.11.2019

Elvira Lama e Rafa Penabad reuníronse co xerente da EOXI

Entre outras cousas solicitáronlle melloras no centro de Saúde de Xinzo
Rafa Penabad, Elvira Lama e Félix Rubial
Rafa Penabad, Elvira Lama e Félix Rubial

Elvira Lama Alcaldesa de Xinzo acompañada do concelleiro Rafa Penabad, mantiveron una xuntanza de traballo co Xerente do Eoxi  Félix Rubial, para trasladarlle as demandas e as eivas feitas en días pasados polas responsables de coordinación e dirección  do Centro de Saúde de Xinzo.

As demandas formuladas, tanto en dotación de persoal,  dotación material, como en melloras en infraestruturas foron analizadas punto por punto, a falta de que se podan concretar algunhas delas nun  curto espazo de tempo.

Da reunión mantida con novo xerente, tanto a alcaldesa  como o concelleiro saíron satisfeitos na medida en que o Centro de Saúde de Xinzo, parece ser que é un dos que mellor funciona da provincia, tanto polo alto grao de implicación do persoal que presta aquí os seus servizos, como da coordinación do mesmo, recoñecendo ambas partes a escaseza de persoal, e de espazos para realizar exercicios por parte da matrona.

Tanto a alcaldesa como o xerente coincidiron na necesidade de afianzar programas e servizos que están en marcha como o servizo ADO como as campañas de información e formación que se poden levar a cabo entre a poboación, empezando polos CEIPS