Dende a Limia
16:35 h. Lunes, 22 de Octubre de 2018

Entrega dos premios no día das Letras Galegas

| 17 de Mayo de 2018 (23:26 h.)
Foto de familia con todas as premiadas
Foto de familia con todas as premiadas

Tal e como estaba previsto, dentro dos actos levados a cabo polo concello de Xinzo para celebrar  a semana das letras  Carlos Casares, despois da lectura por parte de membros do grupo  ANEIS de fragmentos de libros e contos escritos pola homenaxeada no día das Letras Galegas 2018, María Victoria Morenos, entregáronse os distintos galardóns dos concursos  abertos este ano.

IMG_6008No apartado de DEBUXO infantil  de “50 aniversario da Galiña azul”  o 2º premio levouno Andrea Coello  coa obra A formiga esquiadora  correspondéndolle o 1º premio a Lucia Parada coa obra a galiña rara.

os premios de “unha cuberta para García Morenos” foron a parar as mans de Paula Lago  e Aurora Joga como segunda e primeira clasificada respectivamente.

Os premios consistiron en diplomas e vales para consumir nas librarías de Xinzo.

CONCURSO NARRATIVA CURTA INFANTIL E XUVENIL

Tamén pasaron a recoller os premios as gañadoras do concurso literario de narrativa curta infantil e xuvenil, que aínda que x afora anunciado días pasados, hoxe tocoulle recibir os galardóns ademais de ler o público asistente as súas  creación.

No apartado infantil a gañadora foi Eva Rodríguez, co relato  “Un verán sen wifi” e na categoría Xuvenil  Ana Gude coa obra  “O coello branco”.

Resaltar que tódolos premios foron acadados por mulleres, no día que as Letras Galegas  foi dedicado a María Victoria Moreno.

Os actos remataron coa interpretación do himno galego e o himno do antigo reino de Galiza.