lunes 26.08.2019

Entregada unha nova varredora ao Concello de Xinzo

Pederá varrer seis quilómetros en 60 minutos en liña recta

Entregada unha nova varredora ao Concello de Xinzo

Na mañá do luns a empresa adxudicataria  da venda  da máquina Ros Roca  fixo a entrega da máquina aos responsábeis do servizo do concello ademáis de comezar coas primeiras probas.

Jabier Abeledo  responsable comercial da firma para Ourense manifestou que esta era unha máquina cunhas características que superan amplamente as necesidades dunha poboación como Xinzo. Estas máquinas son as que se emplean en ciudades como Vigo ou Pontevedra. Ten una capacidade de aspiración de 15.000 m. cúbicos por hora, a máis elevada do sector de máquinas destas características, cunha tobera sen codos para que poida aspirar botellas e pedras.

Ademais como outras características que a diferencian é que é articulada, co que fácilmente accede a lugares entre farolas , incluido subir ás beirarrúas.

A cabina do conductor é totalmente de aluminio, cun illamento superior a da maioría que son de ferro.

NON COMEZARA A TRABALLAR ATA O LUNS

IMG-20190513-WA0030

Despois das primeiras probas que serviron a vez de entrenamento para o persoal do concello que vai a utilizala, quedou xa gardada nos almacens da brigada ata que se lle preparen os papeis e a matriculación, para poder sair as rúas.